O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Apego: recollida das herbas de San Xoán. 16.30 h

Data e hora

Localización
Ponte medieval de Pontevea
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Abre o prazo para participar na andaina para recoller as herbas de San Xoán.

Desde Apego organizamos unha ruta para recoller as herbas de San Xoán pola ruta Apego da Burga de Xermeade, partindo da ponte medieval de Pontevea, en Reis.

Sairá ás 16.30 h e será exclusiva para familias do programa Apego, de socialización en galego, con crianzas de 0 a 6 anos. Ademais desta ruta de Apego, haberá 3 quendas para o público xeral, en horario de mañá e tarde, ás 11.00, 12.30 e 18 h.

A ruta estará guiada pola educadora ambiental Sira López e pretende acompañar as persoas asistentes para facer esta con coñecementos, identificando as plantas, coñecendo como nomealas e paseando polo contorno natural teense.

Tradicionalmente apáñanse un conxunto herbas, que varían moito dunhas zonas a outras da xeografía, pero que, en calquera caso, son especies comúns amplamente coñecidas polas persoas das sociedades agrícolas onde comeza esta tradición. Son un mínimo de sete herbas, polo que facemos unha escolma das máis comúns e habituais na zona teense.

As prazas para esta quenda Apego están esgotadas. As persoas interesadas en asistir noutra quenda (aberta ao público xeral) poden ver as dispoñibles en https://www.teo.gal/actividades

Observacións
Punto de partida: ponte medieval de Pontevea, ás 16.30 h
apego san xoán

Outros eventos por vir