O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Acollida e presentación da actividade: que é a Arteterapia? Falando do significado da celebración do Nadal en relación ao que imos facer. A continuación crearemos "a árbore dos desexos ou dos soños", poñendo toda a nosa intención da maxia desta época e relacionando as emocións, o benestar... Que logo poderemos levar para as nosas casas como lembranza deste día. Quen o prefira pode crear unha coroa, no lugar da árbore.
E se fósemos esa árbore? Que non falte a música! Co son, probaremos a sentirnos esa árbore que creamos...
Para rematar, traballaremos o sentimento de pertenza a unha comunidade, ao grupo que formamos ese día... creando unha obra conxunta! Un mandala no chan no que proxectaremos os nosos desexos como grupo. Achegando cada membro algo único e persoal, valioso para esa comunidade que formamos.
Facilitadora certificada en Arteterapia: Paula Piñeiro Calvelo (PICAPAU) da mán de Latexos de Turismo.