O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
Co verán recentemente estreado volven ao noso concello clásicos coma a Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico de Teo.
O Departamento de Cultura programa para este ano dúas sesións de aproximadamente 3 horas de duración. A primeira será o venres 18 de xullo ás 22:30 horas. Partiremos da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.
A actividade ten unha duración aproximada de 3 horas e é recomendable levar roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chán.
Data: venres 8 de agosto
Hora: 22:30 h.
Lugar: Carballeira da Igrexa de Luou
IMPORTANTE: No momento da inscrición é necesario indicar o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes no apartado OBSERVACIÓNS.
Se unha vez reservada a praza non poden asistir agradecemos que o comuniquen no Departamento de Cultura.