O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Baño de natureza con dinámicas de baños de bosque na Burga de Xermeade e a súa contorna

Data e hora

Localización
A ponte medieval de Pontevea
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

Acollida e introdución sobre o lugar no que nos atopamos e a súa relación cos recursos patrimoniais. Información sobre a dinámica da experiencia.

Paseo guiado pola natureza a carón do río Ulla co fin de promover a relaxación e o benestar integrando unha actividade de benestar cunha actividade cultural; visita interpretada a un territorio coa realización de dinámicas que facilitan a conexión co medio natural a través dos sentidos buscando a serenidade, calmando a mente e convidando á persoa presente a ESTAR no AGORA (Mindfulness). Unha experiencia para os sentidos e de conexión coa nai terra: árbores, plantas, pedras, os espíritos da natureza... que agasallarán coas súas virtudes ás persoas presentes equilibrando o corpo, a mente e o espírito.
 

Duración da actividade: 3 horas

 

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a turismo@teo.gal. Graciñas!
A experiencia na que te acabas de inscribir ten un percorrido de menos de 2 km, con baixa dificultade. Nese tramo haberá paradas para facer as dinámicas específicas dos baños de natureza.
Aconséllase traer: roupa e calzado cómodos, auga, algo impermeable para sentarse.
Baño de natureza 5 de maio

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES