O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CAMIÑANDO XUNTAS

Data e hora

Localización
Cada andaina terá unha localización diferente

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

“Camiñando Xuntas” é un proxecto de andainas no concello de Teo. Esta proposta ten diferentes liñas de actuación. Principalmente, “Camiñando Xuntas” pretende ser unha actividade ao aire libre no cal as mulleres teenses se reúnan e compartan vivenzas e experiencias dende a perspectiva de ser muller. A través destas andainas, que serán previamente marcadas e deseñadas, preténdense crear marcados permantentes nos camiños do concello de Teo para que as mulleres, participantes ou non, poidan ter aceso aos roteiros marcados. Isto pretende dar a posibilidade de coñecer roteiros novos, permitindo que as mulleres participen de actividades ao aire libre de maneira independente e potenciando así o seu apoderamento.

As andainas estarán enmarcadas nos meses de febreiro a xuño. O mes de febreiro e o mes de marzo, levarase a cabo unha andaina por mes. Os meses correspondentes a abril, maio e xuño realizaranse dúas. Cada mes terá unha temática concreta na cal se profundizará mediante dinámicas concretas e únicas. Todas estas dinámicas terán un fío conductor, a detección de violencias machistas, que de xeito transversal, estará presente en cada unha delas. É fundamental que as mulleres participantes poidan detectar as diferentes violencias machistas que existen ao noso arredor. En moitas ocasións identifícanse sitituacións de violencia con accións verbais ou físicas, pero pasan moi desapercibidas aquelas que son sistemáticas ou que están instauradas na mentalidade social e non se interpretan como tal. Por iso, en cada unha das accións destas andainas, visibilizaremos as violencias ás que as mulleres nos vemos sometidas diariamente buscando a forma e as ferramentas para combatelas.

andainas

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES