O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo saudará ao Nadal cunha nova edición do CantaTEO, o tradicional encontro de corais que anuncia a chegada do Nadal no noso municipio. O evento celebrarase o domingo 14 de decembro, ás 17:30 horas, no Auditorio Constante Liste.
Nesta edición reuniranse diversas formacións corais que representan a vitalidade cultural e asociativa do Concello. Participarán a Coral da Asociación Cultural Cruceiro do Monte, o grupo Música en mis Manos, o Coro Feminino San Simón, o Coro Elelas da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo e a Coral Polifónica de Luou.
Ao longo da tarde, o público poderá gozar dun repertorio variado que combina tradición, polifonía e sensibilidade musical, nun ambiente pensado para celebrar en comunidade o espírito destas datas.
Será un domingo no que as voces de Teo e das súas agrupacións convidadas encherán o auditorio de harmonía, emoción e espírito festivo.
O acceso será libre para todas as persoas interesadas ata completar aforo.