Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico

CASTRO LUPARIO. DOMINIOS DA RAIÑA LUPA- RUTA INTERPRETATIVA DA PAISAXE CULTURAL

Data e hora

Localización
Casa Común de Francos, Rúa de Francos, Calo, Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
48
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Percorrendo o Couto de Francos
Andaina circular de 7 km polos dominios da Raiña Lupa no Couto de Francos, na linde entre os Concellos de Teo, Brión, Ames e Rois. 
Percorrendo unha paisaxe mítica polo patrimonio natural da veiga e os bosques do Río Tinto, xunto coa súa arquitectura popular, bens arqueolóxicos e etnográficos na contorna do Camiño Portugués de Santiago. 

Exploraremos lugares onde a historia e a lenda xacobea deixaron fondas pegadas, coma o Castro Lupario, a carballeira do Campo da Feira da Rúa de Francos, o petróglifo do Faramello, o Camiño Real, a Ponte de Paradela, o Cruceiro Gótico da Rúa de Francos, o Pazo do Faramello, e os vestixios da primeira industralización.

Observacións
- Recoméndase levar calzado e roupa cómoda axeitada para camiñar.
- Actividade suxeita ás condicións meteorolóxicas.
- DESEXOS DE PASALO BEN!!!
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
cASTRO lUPARIO

Outros eventos por vir