O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CATA DE QUEIXOS

Data e hora

Localización
Local da Ponte Vella en Reis
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

O vindeiro martes 29 de abril imos a ter unha cata de queixos para mulleres de Teo e dirixida por María Salomé Beiroa Fernández, que pertence desde fai máis de 20 anos ao panel de cata dos Queixos Galegos con DOP;  participa coma catadora nas Catas de Galicia que organiza a AGACAL e imparte formación en análise sensorial dos queixos galegos con DOP a través da AGACAL, e da Consellería de Medio Rural. Foi nomeada coma catadora profesional embaixadora dos produtos con distitntivo de calidade diferenciada (na campaña Galicia Etiqueta Calidade).

Nesta ocasión imos a facer unha viaxe sensorial por queixos e outros produtos con distintivos de calidade diferenciada dando visibilidade ao papel que a muller rural ten neste mundo e que normalmente soe pasar desapercibido.

Animádevos a participar, para poder conciliar coas responsabilidades familiares e persoales, teremos servizo de canguraxe que teredes que reservar no correo do CIM cim@teo.gal.

As prázas son limitadas, bulide!!

cata queixos

Outros eventos por vir