O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Charla sobre ilustración con Óscar Villán

Data e hora

Localización
Bibliteca do Grilo (Caheiras)
Como chegar

Prazas dispoñibles
19
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Este venres 6 teremos na Mediateca do Grilo (Cacheiras) unha charla sobre o proceso de ilustración dun libro que toma como referencia o traballo de Óscar Villán. Achegarémonos á súa obra pero tamén o de moitos outros debuxantes, pintores e artistas con estilos e puntos de vista diverxentes, coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte.

Tamén haberá momentos para recomendación de libros.

E todo esto da man do propio Óscar Villán, ilustrador de numerosos libros infantís que seguro todos/as coñecedes! El é o responsable de ilustrar títulos tan coñecidos como O coelliño branco ou A cebra Camila, de Kalandraka. 

A charla está indicada para nenos/nenas a partir dos 8 anos e persoas adultas. 

Para asistir é preciso inscribirse. 

Esta actividade forma parte do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
 

Observacións
Se precisas anular a túa inscrión podes escribir ao seguinte correo electrónico: mediateca@teo.gal
Inscribirse
Oscar Vilan

Outros eventos por vir