O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Emilio Rúa, recoñecido cantautor galego, actuará co veciño de Cacheiras Xoán Curiel e o alumnado do Obradoiro de Guitarra Municipal o cal dirixe.
Emilio Rúa leva 25 anos no mundo da música, conta con 9 discos editados como cantautor desde o ano 2000 e con máis de 100 cancións publicadas, a maior parte en galego, con temas orixinais do propio autor e versións de temas populares.
O venres 27 de xuño ven a Teo co seu espectáculo "Emilio Rúa 25 aniversario", non o podedes perder!
Día: 27 de xuño
Hora: 20:00
Lugar: Auditorio Constante Liste
Este espectáculo está dentro do programa Cultura no Camiño.