O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
María do Ceo chega a Teo para presentar o seu traballo " Galicia Nai".
Galicia Nai é un espectáculo que nace non só como un disco, senón como un acto de amor e gratitude. Con este traballo, Maria do Ceo celebra 25 anos de traxectoria musical, rendendo homenaxe á terra que a acolleu e á lingua que habita as súas cancións.
É este un espectáculo íntimo e emotivo no que os versos de figuras inmortais como Rosalía de Castro, Manuel María, Neira Vilas ou Carvalho Calero cobran nova vida a través de melodías compostas, na súa maioría, pola propia artista.
Unha fusión única onde a saudade portuguesa se funde co "sentimento" da lírica galaica, creando unha atmosfera íntima, espiritual e profunda. Desde as súas raíces en Porto ata a súa madurez en Galicia, cada tema é unha ponte entre culturas que comparten un mesmo corazón atlántico.
"Galicia Nai" é máis ca un concerto; é un recoñecemento á identidade, á muller e á maternidade simbólica dunha terra que soa a fado e respira en galego.
O espectáculo terá lugar o venres 27 de marzo, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal do concello.
Déixense levar por unha das voces máis doces e sobranceiras da nosa música