O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Concerto de Paco Nogueiras "Brinca Vai!"

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Este traballo foi premiado na Categoría de Música Infantil nos III Premios Martín Códax da Música celebrado no ano 2016.

Sábado 4 de marzo, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Constate Liste.

Para asistir é necesario reservar entrada neste mesmo espazo.

Observacións
Se finalmente non podedes asistir agradecemos que o comuniquedes no enderezo entradascultura@teo.gal
BRINCA VAI

Outros eventos por vir