O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos Brinca Vai!, Radio Bulebule e Extra!, sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido.
Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.
Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais , dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.
O espectáculo terá lugar o venres 19 de decembro, ás 18:30 horas no Auditorio Constante Liste
A entrada é de balde con reserva previa, que podes facela neste mesmo espazo.