O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O autobús do servizo Coidados porta a porta, que realiza consultas de podoloxía, audición e estimulación da memoria de balde ás persoas maiores de 55 anos estará en Teo os días 14, 15 e 16 de febreiro.
As persoas interesadas en acudir a estas revisións teñen que concertar cita previa nos números de teléfono 622.748.283 ou 623.546.992. Tamén se pode enviar un correo a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
O autobús estará Rúa República Bolivariana de Venezuela, no contorno da piscina da Ramallosa.
Charla sobre podoloxía
Dentro deste programa o 14 de febreiro ás 13:00 horas haberá unha charla sobre podoloxía no salón de plenos da Casa do Concello. Terá unha duración de 45 minutos e falarán sobre os coidados do pé, en particular do pé diabético e será desenvolvida pola podóloga do servizo porta a porta.
O programa Coidados porta a porta está impulsado pola Xunta de Galicia.