O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Para axudar ás familias teenses a conciliar durante as vacacións de Entroido do 2026, o Concello programa dous cursos de formación para a rapazada de 6 anos en adiante. O prazo para anotarse finaliza o vindeiro venres, 13 de febreiro.
1.ª formación: "Bo uso dos videoxogos"
Luns 16, de 09:00 a 14:00 horas
Martes 17, de 09:00 a 11:30 horas
O obxectivo xeral desta formación é promover un uso responsable, educativo e saudable dos videoxogos no fogar, potenciando o seu valor cultural e social, á vez que se ofrecen ferramentas prácticas para integrar o xogo dixital na vida familiar de maneira equilibrada.
En canto aos obxectivos específicos, búscase descubrir o mundo dos videoxogos, coñecelos e identificalos, así como valorar os aspectos positivos e as competencias que poden favorecer. No marco familiar, buscarase desenvolver rutinas e límites saudables, fomentar o xogo compartido en familia e promover unha convivencia dixital respetuosa e positiva.
2.ª formación: "Benestar e Prevención de Riscos Dixitais"
Martes 17, de 11:30 a 14:00 horas
Mércores 18, de 09:00 a 14:00 horas
O obxectivo xeral desta formación é promover un uso equilibrado, seguro e saudable das tecnoloxías dixitais no ámbito familiar e persoal, ofrecendo ferramentas prácticas para mellorar o benestar dixital e previr riscos asociados ao uso inadecuado das pantalles e de internet.
En canto aos obxectivos específicos, centraranse en comprender os principios básicos do uso responsable das pantallas, aprender a xestionar o tempo de uso e establecer rutinas saudables, implementar zonas e momentos libres de pantallas no fogar, coñecer as formas de control e supervisión dos contidos dixitais, empregar ferramentas dixitais para a xestión do uso tecnolóxico e desenvoler estratexias para previr os riscos dixitais.
As familias interesadas que se anoten deberán levar o primeiro día de curso a AUTORIZACIÓN DE PARTICIPACIÓN DO MENOR NA ACCIÓN FORMATIVA.
| Attachment | Size |
|---|---|
| MODELO _ AUTORIZACIÓN MENORES TEO.pdf | 123.07 KB |