O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Malasobra presenta "De algo hai que morrer", unha conferencia fúnebre-cómico-teatral.
Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.
Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal. A vida.
Vivir é bonito ou está sobrevalorado?
A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?
Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian?
Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente?
O suicidio creativo. Desfruta do teu derradeiro momento
O asasinato. Son os xenocidas heroes ecolóxicos incomprendidos?
As guerras. Por que están tan mal vistas?
A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.
O enterro (ou como desfacerse do cadáver). A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos.
O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?
Data: sábado 5 de outubro
Hora: 21:00 horas
Lugar: Auditorio Constante Liste
Para asistir é necesaria a reserva de praza, que podes facela neste mesmo espazo.