O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O venres 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía e no noso concello celebrarémolo coa actuación de Castro&Weliki e o seu espectáculo "Cantigaéverso".
Cantigaéverso é un espectáculo poético e musical a cargo do escritor, editor e músico Francisco Castro e do músico e produtor musical, Federico Welicki, e no que se repasan e revisitan os clásicos da poesía galega musicada. Trátase dun espectáculo no que os dous músicos en escena, reforzados por un percusionista e unha corista, fan unha viaxe completa pola historia das composicións poéticas que versionaron os nosos grandes músicos.
Cantigaéverso ofrecerá ao publico asistente, unha experiencia musical na que escoitarán cancións interpretadas e cantadas por Castro&Welicki, todas elas, importantes poemas de importantes poetas da nosa tradición literaria.
Data: venres 21 de marzo de 2025
Hora: 20:00 horas
Lugar: Auditorio Municipal Constante Liste
Para asistir non é necesario facer reserva previa, o acceso será libre ata completar aforo.