O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Día internacional da muller rural

Data e hora

Localización
Centro cultural A Ponte Vella
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
6

Conseguir a igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres rurais non só é o correcto, é un ingrediente fundamental na loita contra a pobreza extrema, a fame e a desnutrición. As mulleres rurais -un cuarto da poboación mundial- traballan como agricultoras, asalariadas e propietarias de empresas. Labran o solo e plantan as sementes que alimentan nacións enteiras. Ademais, garanten a seguridade alimentaria das súas poboacións e axudan a preparar as súas comunidades para o cambio climático.

Con todo, como sinala a ONU Mulleres, as mulleres rurais sofren de forma desproporcionada os múltiples aspectos da pobreza e, a pesar de ser tan produtivas e boas xestoras coma os seus homólogos masculinos, non teñen o mesmo acceso á terra, ao crédito, aos materiais agrícolas, aos mercados ou ás cadeas de produtos cultivados de alto valor. Tampouco gozan de acceso equitativo aos servizos públicos, como a educación e a sanidade, nin a infraestruturas, como a auga e o saneamento."

As actividades son para toda a poboación, podedes participar de xeito individual, grupal, familiar, como queirades, animádevos!!!

dia das mulleres

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

Get Back