O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Entroido en Rarís

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Celébrase o entroido rural tradicional dos Xenerais da Ulla na parroquia de Rarís. As comparsas, correos e xenerais percorrerán a parroquia durante toda a xornada para rematar co atranque no campo da festa. 

A xornada prevese solleira polo que de seguro haberá numeroso público para desfrutar deste entroido, o primeiro deste ano. 

O atranque está previsto para as 19:30 horas e será no campo da festa (GPS: 42º 46′ 51.28″ / 8º 33′ 48″)
 

Reis celebra o entroido o sábado 11 e domingo 12 e Santa María de Teo o sábado 18. 

Listaxe de agarda
Entroido

Outros eventos por vir