O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Reis celebra o entroido rural tradicional dos Xenerais da Ulla o sábado 11 e domingo 12. Durante estes dous días de festa e troula as comparsas e os correos e xenerais percorrerán a parroquia.
O domingo haberá un pasarrúas dende as 18:00 horas na zona de Pontevea onde haberá un entroido convidado, o entroido dos Cobres de Vilaboa do Morrazo.
Logo do desfile en Pontevea rematará o día de festa co tradicional atranque.
O sábado o atranque será no campo da festa (GPS: 42º 46’ 17.9’’ / 8º 33’ 10.1’’) ás 19:30 horas.
O domingo o atranque farase no aparcadoiro municipal, en Pontevea, tamén ás 19:30 horas.