O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O ceo está cheo de estrelas…centos de millóns delas iluminan o firmamento todas as noites… pero, desgraciadamente, algunhas brillan máis que outras. O mesmo acontece na terra, onde hai moita xente que deslumbra polas súas aportacións á humanidade, pero o seu brillo apágase polo feito de ser muller.
A misión que tedes entre mans non é doada: recuperar o fulgor dalgunhas das estrelas femininas máis importantes da historia…mulleres que, por algún motivo, cambiaron o transcorrer do mundo e que merecen o seu lugar no ceo.
Unha loita contrarreloxo onde os sentidos, a intuición e o traballo en equipo son claves para superar a proba con éxito.
O vindeiro sábado día 10 de maio ás 19:30 faremos o escape room "estrelas" en Oza, Os grupos serán como máximo de 6 persoas. É unha actividade para facer coas túas amizades, coa familia ou podes participar soa e xogar con outras persoas. Se o día acompaña, o faremos ao aire libre
Animádevos!!!!