O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola de familias sobre regulación emocional da persoa adulta

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

A escola de familias tratará no mes de febreiro a regulación emocional da persoa adulta que acompaña na crianza. A sesión será o sábado 19 de 11:30 a 13:30 horas no Auditorio Municipal Cosntante Liste. 

Esta actividade está dirixida a familias con neno/as en idades dende infantil ata secundaria e quere ser un acompañamento nos retos da crianza. Nesta xornada de febreiro colocarase o foco nos pais e nais e na súa propia regulación das emocións xa que podendo regularse mellor haberá unha interacción coas crianzas máis positiva. 

Para asistir hai que inscribirse a través dun formulario en liña que se abrirá na web municipal, neste mesmo espazo dende o luns 14. 

No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de nenos/as e as idades. 

escola de familias

Outros eventos por vir