O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola Ecoloxista. Eu tamén sei coidar!

Data e hora

Localización
Casa Común Cacheiras
Como chegar

Prazas dispoñibles
5
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Que realidade estamos construíndo no presente? Cal é a realidade que queremos vivir nun futuro? Nesta nova sesión da Escola Ecoloxista divertirémonos imaxinando o planeta no que queremos vivir, a sociedade que queremos ter, como protexer o que nos da benestar e calidade de vida... e poñéndonos mans á obra para conseguilo! Por suposto farémolo xogando, pois nesta Escola, xogar é a maneira na cal entendemos como aprender! Anímaste a vir a compartir connosco cal sería o teu mundo ideal e poñernos en marcha para construílo xuntxs? Agardámoste!

Esta actividade farase o sábado 19 de novembro dende as 17:00h e ata as 18:30h. O lugar de encontro será na Casa Común de Cacheiras. Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a mocidade@teo.gal. Graciñas!
Inscribirse
Escola Ecoloxista

Outros eventos por vir