O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola ecoloxista sobre desenvolvemento sostible

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
13
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Chega unha nova sesión da Escola Ecoloxista para celebrar a entrada ao novo ano. Nesta ocasión, a rapazada da Escola Ecoloxista terá unha importante misión por diante: converterse en superheroes e superheroínas do desenvolvemento sostible! Como sería un Teo cen por cento sostible e autosuficiente? Que prácticas se poderían ver nas súas rúas? Nas súas casas? Nos seus espazos naturais? Como serían as súas persoas? E o seu modo de vida? A rapazada de Teo non precisa capa para imaxinar e facer realidade todo isto, só precisa vir o vindeiro sábado 21 con moitas gañas de divertirse e poñer a punto a súa creatividade e sabedoría para, xuntas, construír un futuro de ensoño!  

Esta actividade farase o sábado 21 de xaneiro dende as 17:00h e ata as 18:30h. O lugar de encontro será na Casa Común de Rarís.

Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.
 

Inscribirse
escola ecoloxista

Outros eventos por vir