O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola ecoloxista sobre xogo popular e cambio climático

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
20
Inscribirse

Prazas por persoa
3

Este sábado 18 temos nova sesión da escola ecoloxista na que xuntaremos o xogo popular e o cambio climático.

A actividade está dirixida a rapazada de 10 a 18 anos e farase na Casa Común de Rarís de 17:00 a 18:30 horas.

Vén connosco este sábado para coñecer xogando as alternativas existentes para facerlle fronte á actual emerxencia climática! Nesta sesión mesturarase fantasía co realismo, e o xogo coa reflexión; facendo que, de seguro, deixemos voar a nosa imaxinación ideando un futuro máis sostible!

Se che apetece participar tes que anotarte no formulario en liña neste espazo.
 

Observacións
Boas.
Se finalmente non podes asistir á actividade lembra enviarnos un correo electŕonico a mocidade@teo.gal para avisarnos!
Graciñas
Inscribirse
escola ecoloxista

Outros eventos por vir