O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Fadatea na Biblioteca dos Tilos

Data e hora

Localización
Biblioteca dos Tilos
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
3

A Concellaría de Cultura continúa a edición de Fadatea. Trátase dun programa de animación á lectura e de dinamización dos centros bibliotecarios do Concello de Teo para nenas e nenos de 6 a 10 anos. Elaborado pola empresa Mancuco Animación, consiste na programación de actividades que irán de contacontos ata obradoiros artísiticos, contando sempre con Fadatea e outra serie de personaxes que xiran ao seu redor, sempre moi relacionados con entorno do propio Concello. Ademais, Fadatea e os seus amigos funcionarán tamén como imaxe das bibliotecas municipais. 

Esta será a última sesión deste curso, polo que segura haberá moitas sorpresas

 

Día: 14 de xuño

Lugar: Biblioteca dos Tilos

Hora: 11:00 a 13:00

Necesaria  inscrición. A actividade é de balde ata esgotar as prazas. En caso dalgunha alerxia ou intolerancia alimentaria, deberá indicarse no apartado Observacións.

Fadatea xuño 25

Outros eventos por vir