O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Feminismos a pé de rúa

Data e hora

Localización
Campos de Mirabel
Como chegar

O Centro da información á muller (CIM) organiza unha xornada de xogos e obradoiros para desfrutar e aprender en igualdade.

Será este martes 23 de maio en Campos de Mirabel entre as 16:30 e as 19:30 horas. 

Baixo o nome Feminismos a pé de rúa haberá actividades e xogos para a rapazada a través dos que se vai traballar na igualdade. Haberá unha ruleta feminista, un taller para coñecer a mulleres importantes da historia, un obradoiro de chapas con temática feminista e un fotocol. 

Para asistir non é preciso inscribirse, só hai que achegarse no horario de funcionamento dos xogos, de 16:30 a 19:30 horas. 

feminismos

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego