O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Festa Apego

Data e hora

Localización
Parque O cú na palla
Como chegar

O domingo 18 de setembro, o Concello de Teo terá a segunda Festa de Apego. O Servizo de Normalización Lingüística, que xestiona o programa Apego, programa unha xornada de xuntanza, actividades e lecer para as crianzas e as súas familias que forman parte deste proxecto de socialización en lingua galega.

Esta xornada pretende servir para crear un espazo de achegamento lingüístico entre as familias por medio de actividades de ocio para as crianzas da casa. Así, ademais de promover un xantar conxunto, prográmase música, obradoiros, xogos, circo... nun contorno natural: o parque o cu na palla, en San domingo, Calo.

Horario da xornada:

11.30 h Contada Canta, Buguina, canta, con Marta Ortiz

12.30 h Circo. Jano sen medidas

13.30 h Comida nas mantiñas

14.30 h Obradoiro de xogos con Gaia Ecocrianza

16.30 h Concerto de Pulpiño Viascón

A entrada é libre e de balde.

Cada familia deberá levar a súa comida, xa que haberá un tempo para comer na metade da xornada. Haberá cantina durante a xornada.

 

festa apego

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego