O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
O sábado 11 de maio celebrarase na explanada da Casa Común de Oza a Festa da Nai. Haberá sesión vermú a partir das 14:00 horas e contaremos coa actuación do dúo Eva e Camilo.
Pola tarde haberá actividades para toda a familia con xogos tradicionais, música, obradoiros de globoflexia e tatuaxes.
O prezo do menú é de 20 € por persoa en adultos e 12 € en nenos e nenas de 5 a 12 anos, e consistirá en entremeses e empanada, carne asada, pan, viño, bebidas, postre e café.
Para os menores de 5 anos a comida será de balde.
Para asistir hai que reservar praza e realizar o pagamento da comida con anterioridade á mesma.
Para realizar o pagamento enviarase desde o Concello o documento de pago a través do enderezo electrónico que figure na reserva. As persoas que o desexen poden recoller dito documento no Departamento de Cultura.
A data límite de reserva e pagamento é o 7 de maio.