O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

FESTA DA NAI

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

O vindeiro sábado 10 de maio celebraremos na explanada da Casa Común de Oza unha nova edición da Festa da Nai. O xantar será a partir das 14:00 horas e estará amenizado con música en vivo.

Pola tarde haberá actividades para toda a familia, música, escape room, obradoiro de flores e máis sorpresas.

O prezo do menú é de 25 € por persoa en adultos e 12 € en nenos e nenas de 5 a 12 anos. Para os menores de 5 anos a comida será de balde.

Para asistir hai que reservar praza e realizar o pagamento da comida con anterioridade á mesma.

Para realizar o pagamento enviarase desde o concello o documento de pago a través do enderezo electrónico que figure na reserva. As persoas que o desexen poden recoller dito documento no Departamento de Cultura. 

A data límite de reserva amplíase ao 2 de maio e poderá realizarse o pagamento ata o 5 de maio.

IMPORTANTE!

Poñer o DNI, un número de teléfono de contacto e a idade dos/as menores na reserva.

FESTA DA NAI

Outros eventos por vir