O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O sábado 9 de maio celebraremos na explanada da Casa Común de Oza unha nova edición da Festa da Nai. O xantar será a partir das 14:00 horas e estará amenizado con música en vivo.
Pola tarde haberá actividades para toda a familia, xogos tradicionais, música, obradoiros e máis sorpresas.
O prezo do menú é de 30 € por persoa en adultos e 12 € en nenos e nenas de 5 a 12 anos. Para os menores de 5 anos a comida será de balde. O menú consistirá en entremeses, paella, carne asada, postre e café.
Para asistir hai que reservar praza e realizar o pagamento da comida con anterioridade á mesma.
Para realizar o pagamento enviarase desde o concello o documento de pago a través do enderezo electrónico que figure na reserva. As persoas que o desexen poden recoller dito documento no Departamento de Cultura a partir do día 7 de abril.
IMPORTANTE!
Poñer o DNI, un número de teléfono de contacto e a idade dos/as menores na reserva.