O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Festival Altántica: "Contos de Xapón"

Data e hora

Localización
Parque dos Tilos

Dos arrozais á corte imperial, de animais, de monstros, de deuses. . . estes contos e lendas do país do sol nacente contados polo narrador Yoshi Hioki producirán un lene murmurio no corazón de quen os escoite como a música dunha delicada choiva caendo sobre un bosque de bambú.

Narrador residente en Barcelona desde 1991, Yoshi Hioki dedícase a contar contos populares, mitos, lendas e historias literarias 
de todos os tempos do seu país, Xapón. Cunha traxectoria profesional de máis de vinte anos, foi convidado aos principais festivais de narración oral nacionais e internacionais e presentou os seus espectáculos en lugares como o Teatro Español de Madrid, o Teatro 
Nacional de Costa Rica, o Teatro Peruano Xaponés de Lima (Perú), etc. 
Licenciado na facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona, Yoshi Hioki sente como complementarias as súas actividades 
narrativas e pictóricas: "Neve, choiva e unha flor de camelia. . . Os contos xaponeses son pinturas feitas polas palabras e o silencio. 
Pinturas que reflicten a ledicia e a tristura da vida mesma".

Data: Mércores 3 de xullo

Hora: 12:00 

Lugar: Parque dos Tilos

Espectáculo para público infantil e familiar (máis de 8 anos). 

Acceso libre

 

Listaxe de agarda
yoshi

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES