O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Festival Atlántica: "Aitana e avoa"

Data e hora

Localización
CEIP A Igrexa- Calo
Como chegar

No conto “Aitana e a avoa”, a través da protagonista, que por razóns de conciliación debe quedar ao coidado da avoa, aprendemos cancións e xogos de tradición oral que dormen agochados na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas. “Outros contos violetas” é un compendio de historias con álbums ilustrados e relatos de narración oral que axudan a visibilizar os vínculos amorosos, os que forxamos desde pequenas, e tamén a romper estereotipos, como no libro As princesas tamén soltan peidos.

Soraya Lema Carballo é actriz, dramaturga, pedagoga teatral e traballadora social. A súa vida e a súa arte comparten un mesmo fío condutor: a crenza profunda en que o teatro ten o poder de transformar as persoas e as comunidades. Con Aitana e a avoa e outros contos violetas leva anos percorrendo bibliotecas, colexios e centros socioculturais de toda Galicia, achegando a literatura e a tradición oral aos máis pequenos e non tan pequenos.

Público familiar.

Data: venres 3 de xullo 

Hora: 12:00h 

Lugar: CEIP A Igrexa - Calo

Destinado á rapazada dos campamentos municipais e público familiar

Atlántica soraya

Outros eventos por vir