O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Can de palleiro pícalle moito todo o corpo. Que será? Polo camiño, para desfacerse das súas “amigas”, vai ter que facer malabares, equilibrios imposibles e escapismos con camisa de forza.
Un espectáculo para todas as idades e todos os públicos. Non vas poder parar de rir.
Dani Blanco, pallaso, bufón, improvisador e narrador oral nacido en Cangas. En 2003 funda a compañía de circo Asircópatas, coa que crea oito espectáculos ao longo de vinte e pico anos, entre eles Montagem ou Rogelio. Grazas a estes espectáculos sae da casa e viaxa por quince países. Fundador da Cía. Muu, tamén de circo, crea no ano 2019 o espectáculo Crunch!. Adéntrase noutros campos, coma a improvisación, da que imparte clases durante varios anos; actúa en montaxes do CDG e participa en festivais internacionais. Á parte desta faceta circense, Dani tamén é contador: participa en festivais como o Atlántica e escribe os seus propios contos para adultos, que publica en 2022 no libro Murmuraban as miñas veciñas. Nese mesmo ano crea espectáculos infantís de narración coma Historias desde o outro lado da raia ou, coa Cía. Diáspora Escena, O peirao. Como di a súa nai: “Este dálle a todo”.
Público familiar.
Data: mércores 1 de xullo
Hora: 12:00h
Lugar: Parque dos Tilos
Destinado á rapazada dos campamentos municipais e público familiar (+ de 8 anos)