O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Festival Atlántica: "Contar para vivilo"

Data e hora

Localización
Antiga escola de nenas de Agoso-Oza

Contar para vivilo trátase dunha sesión de historias, contos, lerias e parrafadas sobre outras xentes, outros mundos e outros tempos, nun espectáculo para xente deste mundo e deste tempo. Humor, emoción e memoria coa palabra como único recurso.

Candido Pazó, nado en 1960 na parroquia de San Paio de Navia (Vigo) e veciño desde hai 20 anos de San Xián de Sales (Vedra), gusta dos ámbitos híbridos onde a memoria rural e urbana se mesturan, dando lugar a curiosas historias transmitidas oralmente. 
Comezou a contar nos anos 90 e desde entón ten estado presente en todo tipo de espazos de narración oral na xeografía galega e 
peninsular, así como en festivais e programacións diversas en América Latina, Europa e África lusófona. 
Do 2000 a0 2008 foi profesor visitante na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto (Portugal), impartindo a 
materia de “A oralidade como ferramenta do traballo actoral”. 
É tamén autor e director teatral, facetas nas que ten recibido cumpridos premios (María Casares, Max) e recoñecementos (Premio 
Roberto Vidal Bolaño da Mostra de Ribadavia, Premio Xiria da Mostra de Cangas, Xograr de Outono do F.I.O.T. de Carballo, entre outros) e foi Premio da Cultura Galega en 2014.

Data: Venres 5 de xullo

Hora: 21:30

Lugar: Antiga escola de nenas de Agoso-Oza.

Espectáculo para público adulto.

Acceso libre

Listaxe de agarda
candido

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES