O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta semana comeza o Festival Atlántica 2022. Do 30 de xuño ao 9 de xullo, Atlántica traerá contos para os públicos máis diversos, e este ano contaremos en Teo con catro espectáculos que terán lugar en diferentes espazos do noso Concello.
Comezaremos o xoves 30 de xuño ás 20:00 horas, na Carballeira da Tomada (Calo) co espectáculo “Dois dos Montes” con Vítor Fernandes e Estefânía Surreira (Portugal).
‘DOIS DOS MONTES’ (Vítor Fernandes e Estefânia Surreira)
A historia de João Soldado e outros contos tradicionais portugueses
João Soldado e outros contos é un espectáculo contado e cantado, procedente de Trás-os-Montes, onde os contos e as lendas da tradición portuguesa son os ingredientes principais pero mesturados con petiscos (burlescos) de disparate, riso e boa disposición. Unha viaxe ao fantástico, onde non faltan bruxas, diaños, deuses, almas en pena, trasgos, pantasmas e moitos outros seres da mitoloxía popular.
Contos para matar o medo
Baseado nos contos que a avoa Beatriz lle contaba é unha sesión repleta de criaturas do imaginário popular transmontado, diaños, mouras encantadas, damas pés de cabra, maria gancha, almas pendas, criaturas que atormentaban a vida da aldea.
Espectáculo dirixido a público adolescente e adulto.
Acceso libre ata completar aforo.