O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Festival Atlántica: "Inequivocamente"

Data e hora

Localización
Cuberto de Cebeiro, Penelas- Cacheiras
Como chegar

En Occidente, neste mundo sofisticado en que vivimos inundados de tecnoloxía, resulta sorprendente a valoración que foi acadando o simple acto de contar historias.
Outro feito é que existan contadores de historias que se limitan a perpetuar o imaxinario do conto tradicional. En Portugal diriamos: non pasan da cepa torta! Neste caso, o sorprendente é que haxa, neste mundo, quen os queira escoitar.

Cando António Fontinha comeza a contar unha historia, todos paran para escoitalo. É un dos pioneiros da tradición oral portuguesa. Ademais de narrador, percorre o país na procura de contos tradicionais, para que non se perda a memoria colectiva. Comezou por casualidade nesta arte de contar o que é antigo e pasa de xeración en xeración. Foi no Centro Educacional de Bela Vista, ao servizo do Chapitô e, desde 1995, vive exclusivamente deste oficio. Sexa nunha escola, nunha aldea, nunha fábrica ou mesmo nun establecemento penitenciario, António Fontinha concentra a atención de quen escoita as historias que leva de punta a punta polo país. A base do seu repertorio son temas da tradición oral portuguesa e, paralelamente á actividade de narrador, percorre Portugal na procura de novos antigos contos, para que non se perda a memoria que é de todos. Contador profesional de historias, António Fontinha é un axente ao servizo da identidade dun pobo.

 

Público adulto

Data: sábado 4 de xullo 

Hora: 21:00h 

Lugar: Cuberto de Cebeiro, Penelas - Cacheiras

Acceso libre

Atlántica Antonio

Outros eventos por vir