O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

FESTIVAL ATLÁNTICA. PACO NOGUEIRAS. "CONTOS A CENTOS"

Data e hora

Localización
Campo de San Domingo, Calo
Como chegar

Paco Nogueiras, diplomado en Graduado Social, músico e actor. Nestes momentos desempeña a súa actividade cos espectáculos “Brinca Vai!” (Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil no ano 2016), “Radio Bulebule” (Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil no ano 2021) e o último traballo titulado “Extra!” baseados nos libros editados coa Editorial Kalandraka, compaxinando co labor de contacontos na Campaña de Animación á Lectura que realiza Kalandraka polos centros escolares. 

Paco pecha o Festival Atlántica 2023 de Teo o sábado 8 de xullo e ven a contarnos Contos a centos. Pretende afondar na normalización da nosa lingua dende as primeiras idades. Poesía, contos tradicionais e relatos de autor acordes á idade do público conforman o repertorio desta actividade, na que a narración oral enriquécese cun acompañamento musical elaborado expresamente para cada historia.
Retrousos e cancións fan que os nenos e as nenas poidan participar activamente nas sesións, acompañando as historias narradas coa voz, coas palmas ou con acenos.
Como ferramenta de coñecemento, aprendizaxe e transmisión da cultura, as sesións xiran arredor do libro e dánlle todo o protagonismo. E como morada natural dos libros, Paco Nogueiras aposta pola biblioteca escolar como espazo de encontro arredor da palabra e da oralidade, coa música como elemento dinamizador.

Data: sábado 8 de xullo

Lugar: Campo de San Domingo, Calo

Hora: 20:00 horas

Pública familiar recomendado a partir de 4 anos.

Acceso libre

ATLÁNTICA PACO

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego