O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Ramiro Neira, diplomado en Maxisterio, na especialidade de Audición e Linguaxe, conta con experiencia en Galicia como actor, director, docente, produtor e distribuidor teatral.
O xoves 6 de xullo Ramiro nos contará a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.
Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades.
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.
Data: xoves 6 de xullo
Lugar: Parque dos Tilos (campamento de verán)
Hora: 12:00 horas
Acceso libre