O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Profesional das artes escénicas desde 2007, compaxinou o traballo en compañías e teatros, coa creación dos seus propios espectáculos. Como narradora oral destaca a súa participación nos festivais: Landcommanderij Alden Biesen (Festival Internacional de Narración Oral de Flandes), Maratón de los Cuentos de Guadalaxara, Etnosur Alcalá de la Real, Harlem Barcelona, Dpalabrafestival de Cuenca, Matadero Lab, Eva Festival, Encontes a València, Fraga Te cuenta, Cuenta con Agüimes, Segamots, entre outros.
Sherezade Bardají chega a Teo dende Cataluña con "A noite nos ollos", espectáculo dirixido a público adulto.
Guerrilleiras, analfabetas, putas, pastoras e clandestinas: a viaxe emocional de cinco mulleres que loitan dende os extremos da vida.
Era a verbena de San Xoán de 1959, pero a miña tata agardaba un tren que tardaba un día e medio en ir de Andalucía a Cataluña. Ía tan lento que cando se atopaba pola zona de Valencia sacaban as mans polas ventás para coller as laranxas das árbores. Anos máis tarde, cando eu cheguei ao mundo cos ollos cheos de curiosidade e as noites en vela, comecei a preguntar ás miñas avoas, ás miñas tías, á miña nai. Aínda que ás veces me dicían: “Nena, non preguntes tanto!”. Pero seguín insistindo, e explicáronme a historia de todas aquelas mulleres e daquel tren que as levou ata unha nova cidade onde encher as noites de novos soños.
Data: sábado 8 de xullo
Lugar: Cuberto de cebeiro, Penelas, Cacheiras
Hora: 21:00 horas
Acceso libre