O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

FOLLAS MOLDEANDO TEO. OBRADOIRO DE CERÁMICA

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza, no lugar de Ribas, Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
2

Obradoiro de Artesanía

Follas moldeando Teo en cerámica

Ceramista: Manuel Barreiro “Paparolo”
Horario: 17:30 h
Duración: 2 horas por sesión
Público destinatario: Adulto e familiar

Un obradoiro creativo no que a natureza do Ulla se transforma en forma e textura. A través da observación das follas e das súas nervaduras, cada persoa participante modelará pezas de cerámica inspiradas na paisaxe teense.

Inclúe demostración inicial, traballo práctico con acompañamento individualizado, marcado de texturas naturais e cocción das pezas.

Un espazo para crear con calma e conectar co territorio a través do barro.

 

 

Observacións
📌 Sesións e inscrición
O obradoiro desenvólvese en dúas sesións (26 e 27 de marzo).
Só é preciso inscribirse para o primeiro día, entendéndose que se asistirá ás dúas xornadas.
En caso de non poder acudir, deberá avisarse escribindo a
👉 turismo@teo.gal
ou ao WhatsApp de Teo Turismo: +34 698 18 68 91

⚠️ Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático (nonresponder@teo.gal).

ℹ️ Reserva responsable
As actividades son de balde, pero con prazas limitadas.
A reserva implica compromiso de asistencia.

A non comunicación da ausencia poderá supoñer:
Primeira vez: paso á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
Segunda vez: non aceptación de novas inscricións.

Agradecemos a colaboración para garantir un acceso xusto ás experiencias.


Inscribirse
obradoiro de Paparolo

Outros eventos por vir