O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Get Back

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

A compañía Porta Aberta representa o seu espectáculo Get Back, co que finalizamos o Ciclo de Teatro Amador de FegaTeatro 2024. 

Espectáculo para todos os públicos.

Móstrase como un feito casual, anecdótico, pode influír nas vidas dunhas persoas ata mudalas por completo. Escrita nun xénero de realismo social con tinguiduras cómicas, Porta Aberta quere tratar distintos temas que seguen en actualidade no día de hoxe.

Ambientada no Londres do século XXI, peza transcorre no vagón dun metro onde cinco persoas quedan atrapadas, a raíz da parada temporal da líña Bakerloo por unha avaría e aos poucos vaise descubrindo como deriva «nunha viaxe ao pasado dos personaxes. Unha mirada no seu interior a situacións que desexan cambiar pero non o conseguían». Deste xeito, o destino permite aos protagonistas que poidan rectificar os erros dos seus respectivos pasados.

 

Data: Domingo 27 de outubro

Hora: 19:00 horas

Lugar: Auditorio Constante Liste.

 

Non é necesaria a reserva de praza. O acceso é libre ata completar aforo.

Listaxe de agarda
Get back

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

En venda