O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

GOZA DO ULLA EN TEO DE PONTE A PONTE, DA DORNA Á MARIOLA

Data e hora

Localización
PUNTO DE ENCONTRO: ÁREA RECREATIVA DO XIRIMBAO
Como chegar

Prazas dispoñibles
1
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Esta ruta lineal dunha distancia aproximada de 9 kms, discorre pola marxe dereita do río Ulla aproveitando camiños de paso e sendas de pescadores (Rede Natura 2000). Ten o seu inicio na ponte da Dorna na parroquia de Sta. Mª. de Teo, punto limítrofe dos concellos de Vedra e Teo  e o remate na ponte da Mariola, no couto de pesca sen morte de Couso.

No seu percorrido atopámonos con numerosos puntos de interese: contorno natural da Dorna, da devesa do Agromaior, desembocadura dos afluentes do Ulla (Pereiro e Sta. Lucía), burga de Xermeade, ponte medieval de Pontevea, pesqueiras, árbores senlleiras (as secuoias do Xirimbao), couto de pesca sen morte e a  ponte colgante da Mariola. 

Nivel de dificultade: media baixa (durante o percorrido hai un tramo de pedras de 250 metros cun nivel de dificultade medio - alto)

Observacións
- Recoméndase utilizar calzado impermeable (waterproof) e bastóns de sendeirismo. Hai tramos con pedras e auga.
- Recoméndase utilizar roupa axeitada para camiñar.
- Realizaremos varias paradas nas que se poderá, descansar, beber ou comer algo.
- Contaremos cun avituallamento de auga e froita.
- Servizo de traslados desde o punto de encontro ata o punto de saída da ruta.
- Actividade suxeita ás previsións meteorolóxicas.
Inscribirse
Goza do Ulla
Información PDF
Attachment Size
Cartel_GozadoUlla2025_digital.pdf 391.54 KB

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego