O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Goza do Ulla. Ruta pola ribeira teense do Ulla

Data e hora

Localización
Área de Lecer do Xirimbao. ÁS 10,00 HORAS
Latitude: 42º44’51.00” N
Lonxitude: 8º33’20.30” W
Coordenadas UTM:
29 T 536367 4732871 (WGS 84)
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

Volve o programa Goza do Ulla. O domingo 25 de setembro teremos unha ruta que sae dende o Xirimbao ás 10:00 horas. 

Será unha ruta lineal que percorre toda a ribeira teense do Ulla dende a foz do río Pereiro ata o área de lecer do Xirimbao. O Ulla forma parte da Rede Galega de Espazos Protexidos, con presenza nesta zona de fragas con frondosas autóctonas e vexetación de ribeira que constitúen ecosistemas de grande valor ambiental como a Devesa de Agromaior ou a carballeira de Xermeade. Enclaves naturais pero tamén patrimonais que humanizaron este val ó longo dos séculos: pesqueiras, fontes, pontes e pontellas, canles de rega, muíños, etc. A Ponte Medieval de Pontevea do século XIV, Ben de Interese Cultural, ou a Ponte colgante da Mariola no Xirimbao, son algúns dos elementos culturais de maior sona desta bacía teense."

Inscricións ata o martes anterior o martes día 20 de setembro.

Observacións
Grazas por inscribirte na ruta do Goza do Ulla!
Se por calquera circunstancia non puideras asistir agradecémosche que nos mandes un correo a deportes@teo.gal indicándonolo.
Desfruta da ruta e goza moito da experiencia!!
Ponte de Pontevea

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES