Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
No marco da Campaña Turística Teo.Todo por descubrir 2026, o Concello de Teo organiza a tertulia “Historia e historias compartidas… Teo, territorio xacobeo”, unha proposta que convida a achegarse á historia, á cultura e ás tradicións vinculadas aos Camiños de Santiago ao seu paso polo municipio.
A xornada comezará cun acto de apertura e benvida, para dar paso a unha tertulia arredor dos itinerarios culturais, a memoria e o patrimonio do Camiño de Santiago. Nesta conversa participarán persoas expertas que abordarán a creación do Xacobeo moderno, a evolución histórica do Camiño e o patrimonio inmaterial, incluíndo lendas e simbolismo.
A actividade incluirá tamén un espazo de diálogo aberto co público, fomentando a participación e o intercambio de coñecemento, así como unha intervención musical a cargo da soprano Esperanza Mara.
O acto rematará cunha intervención institucional e peche.