O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Historias de arrepío

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
105
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Rematamos o mes de outubro coa narración oral da man da veciña teense Paula Carballeira e as súas Historias de arrepío.

O medo é unha das poucas cousas que non buscas. Ao medo atópalo. Os chamados “contos de medo” só perseguen o arrepío do momento, unha lixeira inquedanza, unha sensación de vento frío que che aloumiña o pescozo. Candeas, aparecidos, ánimas en pena, agoiros, avisos… Ben se pode dicir que o arrepío forma parte do outono e do inverno, e dalí proceden a maioría destas historias, das longas e escuras noites coa néboa ás portas. Contos que foron tecendo narradoras e narradores anónimos, ás veces recollidos por escrito, a maioría transmitidos oralmente para lembrarnos que a morte está á espreita, e que por iso hai que sentir con intensidade, tremer e rir cando o medo nolo permita, para esquecer por un momento o que agochan as tebras.

Luns 31 de outubro, 18:00 horas. Auditorio Municipal Constante Liste.

Podes facer a túa inscrición neste mesmo espazo .

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a entradascultura@teo.gal ou chamando ao teléfono 981 941 063. Graciñas!
Inscribirse
HISTORIAS DE ARREPÍO

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES