O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O sábado 5 de marzo, ás 20:00h, Isabel Risco trae a Teo Bravas , o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.
Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valeroso clan, o clan que elas mesmas paren, amamantan, manteñen, constrúen cós alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade. Mulleres empoderadas que, ao longo dos anos, se enfrontaron á máquina do poder estabelecido coas armas da xustiza social, da igualdade, da construción masiva para transforma a realidade e conseguir deste xeito un país mellor, e, pólo tanto, un mundo mellor.
Espectáculo dirixido a maiores de 13 anos e adulto