O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
Teo volve a acoller o programa Camiños de coñecemento e experiencia da USC dirixido a maiores de 50 anos. Trátase do programa universitario de maiores coñecido como IV Ciclo e para participar non é preciso ter coñecemento previos.
Esta edición será como o ano pasado no Salón de Plenos do Concello de Teo en horario de 16:30 a 18:00h, e contará con cinco sesións e unha visita a San Domingo de Bonaval.
Este ano o programa dividirase en tres sesións teóricas e outras tres prácticas impartidas polos profesores colaboradores do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC, D. José Rial Budiño, D. Henrique Neira Pereira e Dna. Dolores Barral Rivadulla.
Comezaremos o martes 1 de abril cun seminario de poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais. O mércores 2 de abril haberá un seminario sobre os muíños e pontes no ría Ulla, e o xoves 3 de abril o tema a tratar será a arquitectura nos conventos das ordes mendicantes: Santo Domingo de Bonaval.
O luns 7 de abril comezarán as sesións prácticas relacionadas cos temas tratados os días previos, e a primeira será un obradoiro poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais, seguindo o mércores 9 de abril cunha sesión práctica sobre os muíños e pontes no río Ulla, e finalmente remataremos o xoves 10 de abril cunha visita a San Domingo de Bonaval.
Para participar non se require ningún tipo de formación académica previa, e terán preferencia as persoas non matriculadas no programa oficial do IV Ciclo da USC.
A reserva inicial hai que facela neste mesmo espazo, e posteriormente enviarase por correo electrónico unha ficha que haberá que cubrir e ben entregar dixitalmente ou presencialmente no Departamento de Cultura para formalizar a matrícula (tamén se pode recoller a ficha no propio departamento).