O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

IV CICLO UNIVERSITARIO DE MAIORES USC

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Teo volve a acoller o programa Camiños de coñecemento e experiencia da USC dirixido a maiores de 50 anos. Trátase do programa universitario de maiores coñecido como IV Ciclo e para participar non é preciso ter coñecemento previos. 

Esta edición, ao igual que en anos anteriores, será no Auditorio municipal Constante Liste en horario de 16:30 a 18:00h, e contará con cinco sesións e unha visita á Catedral de Santiago.  

Este ano as sesións dividiranse en tres sesións teóricas e outras tres sesións prácticas relacionadas cos temas tratados os días previos. Comezarán o luns 9 de maio cun Seminario de introducción á criminoloxía. O martes 10 de maio teremos unha sesión práctica de análise de pegadas dixitais. As dúas clases estarán dirixidas pola profesora Ana Moure Soengas. 

O 11 de maio teremos un Seminario sobre o sono e os seus trastornos coa profesora Mónica Antelo Martelo. 

O 12 do mesmo mes teremos un Seminario sobre a Catedral de Santiago de Compostela, obra mestra do románico europeo, e o día 13 farase unha visita á mesma . Ambas sesións co profesor Victoriano R. Nodar Fernández.

O programa rematará o luns 16 de maio cunha sesión práctica que abordará as técnicas para conciliar o sono, tamén coa profesora Mónica Antelo Martelo. 

A inscrición e matrícula pode facerse no Departamento de Cultura e Educación de luns a venres de 09:00 a 14:00 h, no teléfono 981 941 063 ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal.

Listaxe de agarda
IV Ciclo
Información PDF

Outros eventos por vir