O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Nesta actividade non é precisa inscrición previa.
Sábado , 18 de novembro ás 16.00 h
Carballeira de Francos (Casa Común no caso de mal tempo)
A carballeira de Francos é un lugar único en Teo onde habitan seres máxicos. Fadatea, unha personaxe que acostuma vivir entre os libros das bibliotecas, visítao no outono para contarlles ás crianzas de Teo aventuras incribles.
Xunto con outros personaxes máxicos e as crianzas que se acheguen percorrerá a carballeira cun xogo de pistas familiar.
Nun magosto... non faltarán as castañas asadas!
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.
As castañas serán de balde para as crianzas.